Servizos ás asociacións socias

  • READ informa en primicia das oportunidades que proveñen das institucións e empresas coas que mantén convenios e relacións de cooperación.
  • As asociacións integradas teñen dereito a utilizar as plataformas de READ en Internet para visibilizarse e difundir as súas actividades a nivel nacional.
  • READ facilita a busca de recursos para que os seus membros participen activamente nos proxectos e actividades que apoia, promove e organiza.
  • READ distribúe os beneficios económicos do financiamento asociado aos proxectos que apoia, promove e organiza.
  • READ pon a disposición das asociacións socias toda a información e contactos cos que conta para a organización autónoma de xornadas formativas, charlas, exposicións, publicacións e outro tipo de actividades a prol do deseño.

Representación e reivindicación do sector

  • A existencia de READ permite a elaboración colaborativa dun discurso moi rico sobre deseño e deseñadores españois, xa que é multisectorial, descentralizado e moi consensuado. Somos en torno a 1.000 deseñadoras e deseñadores representados polas trece asociacións membros ata a data.
  • READ está decidida a facer escoitar a voz dos seus membros, a nivel nacional, europeo e internacional.
  • READ traballa difundindo a importancia das boas prácticas nas solicitudes de comisións profesionais para deseñadores e deseñadoras e encargos realizados por organismos internacionais como Icograda, CIADI e IFI/IDA.

Cultura do deseño

  • READ apoia firmemente as actividades educativas e de investigación. Os membros atoparán en READ un lugar de encontro, unha comunidade aberta e plural, con creativos e creativas dispostos a cooperar e evolucionar.
  • Unha das principais tarefas de todos os socios e socias de READ nos seus respectivos territorios é concienciar á sociedade sobre a importancia do deseño e dos deseñadores para axudar a resolver os retos da nosa sociedade actual. READ recolle esa intención para, na medida das súas posibilidades, amplificala e facela chegar ás áreas de decisión.