Neste momento engloba doce asociacións: AAD, Asociación Andaluza de Diseñadores; ADCV, Asociación de Diseñadores de la Comunidad Valenciana; AGA, Asociación de Diseñadores Gráficos de Asturias; Cuenca Diseño; DAG, Asociación Galega de Deseñadores; di-Ca, La Asociación de Profesionales y Empresas de Diseño de Canarias; DiEx, Asociación de Diseñadores de Extremadura; DIMAD, Asociación Diseñadores de Madrid; DIME, Diseño de la Meseta; DIP, Asociación de Profesionales del Diseño y la Comunicación Publicitaria de la Región de Murcia; EIDE, Asociación de Diseñadores de Euskadi y Navarra; e La Exprimidora, Asociación de Diseñadores y Creativos de Castellón.

Compartimos os obxectivos de difundir a cultura do deseño, promover e visibilizar a actividade do sector, fortalecer a posición dos profesionais do deseño e contribuir á transformación do tecido económico, establecendo relacións máis competitivas e eficientes e fomentando situacións de encontro social.

Son valores consolidados de READ o gran número de deseñadores e deseñadoras asociados que aglutina e a ampla distribución xeográfica das asociacións que a configuran, aos que se engade a súa aposta polo dixital, a co-creación, a actividade “glocal”, o compromiso coa excelencia profesional e a perspectiva triple balance (económica, social e ecolóxica).