Enviar ao enderezo de correo electrónico info@designread.es a seguinte documentación escaneada:
- Certificación. Unha vez adoptado en asemblea o acordo de pertencer a READ, o/a secretario/a da asociación deberá expedir unha certificación co seu contido, é dicir, expide tanto o acordo para solicitar a incorporación a READ, como o número de delegados que terá e a designación da persoa que representará á asociación na Xunta Directiva de READ.
- Estatutos da asociación solicitante.
- Carta, datada e asinada, solicitando a incorporación e facilitando os datos de contacto.