Abril
Sumámonos a Packnet, a Plataforma Tecnológica Española de Envase y Embalaje
Unha asociación sen ánimo de lucro, ao abeiro da Estrategia Nacional de Ciencia y Tecnología e do Plan Nacional de Investigación, Desarrollo e Innovación.
21 marzo
DAG (Galicia), AGA (Asturias), DIEX (Estremadura) e Cuenca Diseño únense a READ e AAD (Andalucía) asume a presidencia.
Celebrada en Madrid, realízase a rotación de cargos, pasando o relevo a Andalucía e asumindo a presidencia Juan Aguilar. A rede refórzase notablemente duplicando as asociacións que integran a organización: xa somos dez organizacións!
Ligazón á noticia: https://www.designread.es/damos-la-bienvenida-a-aga-cuenca-diseno- dag-y-diex/
26 febreiro
Xornada-Taller “Deseño e I+D”
En colaboración co CDTI (Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial) e Surgenia (Centro Tecnológico Andaluz de Diseño) e outras entidades. Unha xornada co obxectivo de achegar o sector industrial e os profesionais do deseño, favorecer unha maior colaboración entre ambos e as sinerxías entre I+D e Deseño, para desenvolver produtos, procesos e servizos máis innovadores, máis próximos ao usuario final e ao mercado e cun maior impacto económico e social.
Ref: https://www.designread.es/el-26-de-febrero-en-madrid-jornada -design-and-id-of-cdti-and-surgenia/