7 agosto

READ, invitada polo presidente Pedro Sánchez xunto con 22 axentes empresariais

Teresa Jular, presidenta de READ, asiste á reunión convocada polo presidente Pedro Sánchez e a ministra Reyes Maroto, coa presenza dunha vintena de grandes asociacións empresariais da Industria, o Comercio e o Turismo. Jular toma a palabra para presentar brevemente “este sector descoñecido do que non se pode prescindir”.

Ligazón á noticia: https://www.designread.es/read-invitada-por-pedro-sanchez-junto-a-una-veintena-de-grandes-asociaciones-empresariales/

29 marzo

DIP (Murcia) asume a presidencia de READ

A Asociación de Profesionales del Diseño y la Comunicación Publicitaria de la Región de Murcia  asume a presidencia na Asemblea Xeral celebrada no IED Innovation Lab Madrid. O novo mandato para 2019 e 2020 corresponde a DIP, representada por Teresa Jular.


Ligazón á noticia: https://www.designread.es/read-sera-presidida-por-la-asociacion-murciana-dip-dur-los-dos-anos-siguientes/

18 xaneiro

Colaboramos no proxecto «Ecosistema y Mapa del Diseño en España»

Un proxecto da Subdirección General de Coordinación y Relaciones Institucionales da Secretaría de Estado de Universidades, Investigación, Desarrollo e Innovación, unha segunda iteración para a que se programa unha recollida de datos moito máis detallada e completa nunha plataforma en liña aberta á consulta: ecosistemadeldiseño.es

Ligazón á noticia:

https://www.designread.es/somos-colaboradores-del-ecosistema-y-mapa-del-diseno-en-espana/