Nada en 2022, DIME representa a todos e cada un deses deseñadores e deseñadoras que forman parte dun espazo xeograficamente tan amplo como son Castela e León, de cidades e grandes vilas pero tamén de zonas rurais a piques de despoboar, de profesionais que desenvolven a súa actividade fóra pero que “son de la meseta” e espallan como sementes a forma de traballar que teñen nesas terras.
DIME nace para unir, para coser unha rede de estudios e profesionais arredor do deseño cunha perspectiva de futuro centrada no recoñecemento da nosa profesión, a posta en valor do deseño como elemento transformador do territorio, e a dinamización xunto coas administracións castelás e leonesas.
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.