DIMAD

di_mad é unha organización sen ánimo de lucro que desenvolve as súas actividades dentro da Comunidade de Madrid, aínda que moitas delas teñen proxección internacional.

Trátase dunha asociación que concibe o deseño como unha realidade de encontro entre cultura e economía. Procura especialmente achegarse a estudantes e deseñadoras e deseñadores mozos, así como a outros profesionais ou persoas vinculadas ou interesadas no desenvolvemento e promoción da cultura do deseño: arquitectos, docentes, xornalistas, directores de arte, etc.